Saltar ao contido

Ponte de Segovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte de Segovia
Ponte de Segovia
Localización
Coordenadas40°24′51″N 3°43′22″O / 40.414169997066, -3.7228899615236Coordenadas: 40°24′51″N 3°43′22″O / 40.414169997066, -3.7228899615236
Características

A Ponte de Segovia (en castelán: Puente de Segovia) é un monumento renacentista da cidade de Madrid obra do arquitecto Juan de Herrera. Atópase no cruzamento da rúa de Segovia co río Manzanares, punto que historicamente constituíu un dos principais accesos á vila.

Coñecido antigamente como Ponte Segoviana, as primeiras referencias desta construción datan do século XIV, cando o rei Afonso XI de Castela autorizou a súa edificación mediante dúas cartas escritas en 1345 e en 1346. Nos primeiros debuxos e pinturas da cidade, datados no século XVI, a ponte aparecía con nove ou trece arcos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alcaide, Soledad (2006). "Las obras de la M-30 dejan al descubierto los dos puentes más antiguos de Madrid". El País. Madrid. Consultado o 2008.