Saltar ao contido

Rafer Alston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafer Alston

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBenjamin N. Cardozo High School
Universidade do Estado da Califórnia em Fresno (pt) Traducir
Ventura College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Peso79 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor em Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1997-1998 Fresno State Bulldogs men's basketball (en) Traducir
1998-1999 Salt Lake City Stars (pt) Traducir
2001-2003 Toronto Raptors
2002-2003 Mobile Revelers (en) Traducir
2003-2004 Miami Heat
2004-2005 Toronto Raptors
2005-2009 Houston Rockets
2009-2009 Orlando Magic
2009-2010 Brooklyn Nets
2011-2011 Zhejiang Lions (pt) Traducir
2012- Los Angeles D-Fenders (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Rafer Jamel Alston, nado o 24 de xullo de 1976 en Queens, Nova York, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Participando na posición de base, xogou en seis equipos diferentes da National Basketbal Association (NBA): Milwaukee Bucks, Toronto Raptors, Miami Heat, Houston Rockets, Orlando Magic e New Jersey Nets.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alston xogou no baloncesto universitario 3 tempadas: no Ventura College a tempada 1994-95, no Fresno City College a 1996-97, e rematou en Fresno State na 1997-98.

Tras estar no banco a maioría de tempo cando estaba nos Milwaukee Bucks, foi traspasado aos Toronto Raptors.[1] Alí xogou moitos minutos, e xa nos Miami Heat conseguiu xogar coma titular no ano 2004. A súa actuación non foi decepcionante, xa que asinou 12 puntos e 4 asistencias por partido nun equipo moi novo, liderado polo escolta rookie Dwyane Wade, que se clasificou para as semifinais dos playoffs da NBA. Durante esa tempada, nun partido contra os Dallas Mavericks o 26 de marzo, conseguiu unha canastra a falta de tan só 0.5 segundos sobre a presión de Shawn Bradley, para darlle a vitoria a Miami por 119-118. No verán do 2004, asinou outra vez cos Toronto Raptors, pero non conseguiu o que el esperaba.

Alston foi traspasado aos Houston Rockets a cambio do escolta Mike James o 4 de outubro de 2005. A pesar das continuas críticas chegadas dende Toronto pola súa actitude, o adestrador dos Rockets, Jeff Van Gundy, falou co seu irmán Stan Van Gundy, adestrador dos Miami Heat que tivo a Alston durante a tempada 2003-04, sobre a actitude de Alston. A habilidade de Jeff Van Gundy para sacar o mellor de xogadores antes considerados problemáticos ou temperamentais fixo que o corpo técnico dos Rockets fose optimista coa súa fichaxe.[2] Na tempada 2006-07, coma base titular, Alston tivo uns números de 13.3 puntos, 3.4 rebotes, 5.4 asistencias e 1.6 roubos por partido. Rematou a tempada noveno da NBA en roubos, cuarto en triplas anotadas, e 23º en asistencias.[3]

O 12 de novembro do 2008, Alston foi suspendido con dous partidos por unha pelexa tras unha falta non pitada con Matt Barnes e Steve Nash.[4] Alston foi traspasado aos Orlando Magic nun traspaso a tres bandas o 19 de febreiro de 2009,[5] e substituíu o mancado Jameer Nelson no quinteto titular. O 30 de abril de 2009, Alston anotou 21 puntos e repartiu 10 asistencias para axudar a Orlando a gañar aos Philadelphia 76ers por 4-2 na primeira rolda dos playoffs. Despois, os Magic gañarían aos Boston Celtics e aos Cleveland Cavaliers para chegar ás finais da NBA, onde perderon contra Los Angeles Lakers.

O 25 de xuño do 2009, foi traspasado aos New Jersey Nets xunto a Tony Battie e Courtney Lee a cambio de Vince Carter e Ryan Anderson.[6] Conseguiu a súa primeira tripla dobre como xogador dos New Jersey Nets na tempada 2009-2010. O 5 de xaneiro do 2010, os Nets liberaron a Alston para que asinara por outro equipo. O 7 de xaneiro do 2010, asinou polos Miami Heat por segunda vez.[7] Tras ser titular 25 partidos con Miami, foi suspendido indefinidamente o 6 de marzo por perderse un adestramento e un partido.[8] O 13 de marzo do 2010, os Miami Heat ampliaron a suspensión para toda a tempada. Rafer Alston considerou a posibilidade de retirarse. Con todo, aínda xogaría un ano máis na China e outro na D-League antes de tomar difinitivamente a decisión en 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. [2]
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2010. 
  4. http://www.google.com/hostednews/ap/article/ALeqM5gQiCNnFelPNA2Xu_ztYJhpVd8t8AD94ET25O7[Ligazón morta]
  5. "Magic to acquire Alston in 3-team deal". ESPN.com. Consultado o 2009-02-19. 
  6. "Nets Acquire Rafer Alston, Tony Battie and Courtney Lee from Orlando". NBA.com. 2009-06-25. Consultado o 2009-06-27. 
  7. Heat sign Alston off waivers, ESPN
  8. "Heat Suspend Rafer Alston Indefinitely". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2010. Consultado o 30 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]