Ramón García Núñez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 21 de outubro de 1936 (29/30 anos) Lugo, España |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón García Núñez, nado en Vilagarcía de Arousa en 1906 e finado en Lugo o 21 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empregado de banca, na República militou en Izquierda Republicana. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 5 de xullo de 1936. Xulgado en Lugo por traizón o 14 de outubro de 1936, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1 millón e medio de pesetas. Foi executado en Lugo ás 18:00 horas do 21 de outubro de 1936 con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7): 45. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en Represión franquista en Lugo
- Ramón García Núñez na páxina web Nomes e Voces.