Retablo de Santo Domingo de Silos
Santo Domingo de Silos entronizado como bispo | |
---|---|
Artista | Bartolomé Bermejo |
Data | 1474-1477 |
Técnica | óleo sobre táboa |
Dimensións | 242 cm × 130 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
Santo Domingo de Silos entronizado como bispo é a obra máis coñecida do pintor español Bartolomé Bermejo. É un óleo sobre táboa, pintado entre 1474 e 1477. Mide 242 cm de alto e 130 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid, ó cal chegou en 1920 por unha permuta co Museo Arqueolóxico Nacional.
Descrición[editar | editar a fonte]
É unha táboa procedente de Daroca (Aragón). Foi encargada o 5 de setembro de 1474. É unha das obras máis impresionantes do período gótico polo seu gran tamaño e o xeirto co que está tratado a figura do santo, facendo desta peza unha das máis perfectas do fin do estilo hispano-flamengo. É a máis antiga das que se coñecen deste pintor, quen creou escola en Aragón, con seguidores tales como Martín Bernat e Miguel Ximénez.
É a táboa central dun retablo. As táboas laterais foron acabadas por Martín Bernat. Trátase dunha pintura de témpera sobre madeira. Ten gran tamaño, pouco común na pintura española deste período.
O tema é relixioso. Representa ó santo español Domingo de Silos, monxe que fundou o Mosteiro de Silos (Burgos) no século XI, sendo o seu primeiro abade.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Retablo de Santo Domingo de Silos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cirlot, L. (dir.), Museo del Prado I, Col. «Museos del Mundo», Tomo 6, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3809-3, pág. 53
- Díaz-Padrón, M, «Bartolomé Bermejo», en el Diccionario Larousse de Pintura, vol. 1, Planeta-Agostini, 1987. ISBN 84-395-0649-X
- Lafuente Ferrari, E., Historia de la pintura española, Biblioteca básica Salvat, Salvat Editores y Alianza Editorial, 1971. ISBN
- Monreal, L., Grandes Museos, Vol. 1, Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (obra completa)
- Artigo sobre o cadro na páxina web do Museo do Prado