Shin Chan: Chamábanlle Shin Chan
Shin Chan: Chamábanlle Shin Chan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ!夕陽のカスカベボーイズ |
Director | Tsutomu Mizushima |
Guión | Keiichi Hara Tsutomu Mizushima |
Música | Shinji Miyazaki Toshiyuki Arakawa |
Estudio | Shin Ei Animation |
Distribuidora | Luk Internacional (Galicia) |
Estrea | 2004 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Shin Chan: E a costelada imposible |
Filme seguinte | Shin Chan: A guerra dos balnearios |
Na rede | |
Shin Chan: Chamábanlle Shin Chan (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ!夕陽のカスカベボーイズ Crayon Shin-chan: Arashi o Yobu! Yūhi no Kasukabe Boys?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 2004.
En galego, saíu á venda en DVD o 22 de outubro do 2008, sen ser proxectada nos cinemas.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Shinnosuke e os seus amigos xogan perseguíndose os uns aos outros pola rúas da cidade de Kasukabe, sen saber que, pouco despois, van vivir unha aventura de película. A curiosidade do grupo de amigos lévaos ata o interior dun antigo cinema: o Kasukabe Odeón, onde todos eles, agás Shin Chan, desaparecerán dun xeito misterioso.
Shinnosuke volve máis tarde coa súa familia ao cinema para saber que foi o que pasou. Os Nohara quedan abraiados cando de súpeto aparecen... no oeste americano! Viaxaron no tempo e no espazo! É alí onde se atopan coa panda de Shin Chan e cunha chea de xente máis que, coma eles... Foron convertidos nos protagonistas dun filme!
A preocupación apodérase da familia Nohara cando lles comunican que alí o tempo non avanza, que a memoria desaparece e o peor de todo: que non hai maneira de regresar. Mike, un cinéfilo maníaco da sétima arte, é o que descobre que o tempo non corre porque o filme no que apareceron está pola metade. Polo tanto, para poder volver a súa casa, terán que lle dar un final á historia. Esta vez máis ca nunca, o Exército de Kasukabe dirixido por Shin Chan, terá que demostrar que son uns auténticos heroes de película!
Dobraxe[editar | editar a fonte]
- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2008.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
- Voces adicionais:
- ▪ Antonio Rey.
- ▪ Antón Rubal.
- ▪ Coté Sansegundo.
- ▪ Gaspar Somoza.
- ▪ Luís Iglesia.
- ▪ Xosé Tanas.
Música[editar | editar a fonte]
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é ○(マル)あげよう (O círculo hánolo dar) interpretada polo grupo xaponés NO PLAN, os cales fan unha aparición na película.