Teófilo, emperador de Bizancio
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (el) Θεόφιλος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 813 ![]() |
Morte | 20 de xaneiro de 842 ![]() Constantinopla ![]() |
Emperador bizantino | |
2 de outubro de 829 – 20 de xaneiro de 842 ← Miguel II – Miguel III → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Amorian dynasty (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Teodora |
Fillos | Maria (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Miguel II ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Solidus-Michael_II_Theophilus-sb1640.jpg/300px-Solidus-Michael_II_Theophilus-sb1640.jpg)
Teófilo, nado no ano 813 e finado no 842, foi o emperador bizantino entre os anos 829 e 842. Foi o segundo da chamada dinastía frixia ou "amoriana".
A diferenza do seu pai, Miguel II, declarouse como un estrito iconoclasta. En 832 publicou un edicto polo cal se prohibiu o uso e adoración de iconas; pero as historias sobre a súa crueldade cara aos seus opositores resultan tan extremadas que moitos pensan que se trata de esaxeracións.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na época do seu ascenso ao trono, os sicilianos aínda loitaban contra os sarracenos, pero Teófilo non puido prestarlles axuda xa que se viu obrigado a dedicar todas as súas forzas á guerra contra os califas de Bagdad. Esta guerra foi iniciada por Teófilo, pois dera asilo a certos refuxiados persas, un dos cales, chamado Teófobo trala súa conversión ao cristianismo, desposou á irmá do emperador, Helena, e converteuse nun dos xenerais do Imperio.
O exército bizantino celebrou varios éxitos iniciais: en 837 foron tomadas e destruídas Samosata e Zapetra (Zibatra ou Sozopetra), lugar de nacemento do califa Al-Mu'tasim. Este, desexoso de vingar a ofensa, reuniu un grande exército, unha de cuxas divisións derrotou en Dasymon a Teófilo, que dirixía en persoa o exército bizantino, mentres que a outra avanzou ata Amorio, berce da dinastía frixia. Tras unha valorosa resistencia de cincuenta e cinco días, a cidade caeu en mans de Al-Mu'tasim por mor dunha traizón interna o 23 de setembro de 838. Trinta mil dos seus habitantes foron executados e o resto vendidos como escravos, e a cidade foi arrasada ata os seus cimentos.
Teófilo nunca puido recuperarse do golpe recibido, a súa saúde foise debilitando e morreu a comezos de 842. O seu carácter foi obxecto de moitos debates; pois mentres uns considérano como un dos emperadores bizantinos máis capaces, outros o ven como o clásico déspota oriental, un gobernante sobrevalorado pero insignificante. Non cabe dúbida de que fixo canto puido por eliminar a corrupción e opresión dos seus funcionarios, e que administrou xustiza con estrita imparcialidade, aínda que os seus castigos moitas veces non se correspondían co crime cometido.
Malia os gastos que supuxo a guerra en Asia e das grandes sumas dedicadas por Teófilo á construción, o comercio, a industria e as finanzas do Imperio viviron unha das súas mellores épocas, en gran medida grazas á moi eficiente administración do tesouro. Teófilo, que recibira unha excelente educación do gramático Xoán Hylilas, foi un grande afeccionado á música e amante da arte. Reforzou as murallas de Constantinopla e fixo construír un hospital que se mantivo ata os últimos tempos do Imperio bizantino.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Miguel II |
Teófilo, emperador de Bizancio | Precede a: Miguel III |
Dinastía Amoriana |