Saltar ao contido

Unión Estradense (periódico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unión Estradense

Unión Estradense foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1928 e 1929.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de la Sociedad Unión Estradense, apareceu en 1928. De periodicidade mensual, dedicábase a informar sobre as actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade da Estrada aos emigrantes residentes en Buenos Aires. O último número coñecido é o 14, aparecido en outubro de 1929.

En maio de 1941 editou un número extraordinario "Homenaje a la mujer estradense en la persona de la dignisima Virginia Pereira de Castelao", polo XV aniversario da Sociedade. Contén colaboracións literarias e artigos sobre a muller, a instrución e a cultura enfocados cunha perspectiva galeguista. Entre os seus colaboradores figuraron A. Castro-Dono, Manuel Daniel Varela Buxán, J. M. Brea, J. Martoló, Xosé María Chao Ledo, Castelao, Antón Villar Ponte, Ken Keirades, Manuel Lustres Rivas, Ramón Cabanillas, Ramón Rey Baltar e Rodolfo Prada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]