Virgin Gorda
Virgin Gorda | |
---|---|
![]() | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°28′54.8″N 64°23′20.95″O / 18.481889, -64.3891528Coordenadas: 18°28′54.8″N 64°23′20.95″O / 18.481889, -64.3891528 |
Xeografía | |
Superficie | 21´9 km² |
Longura máxima | 15´9 km. |
Largura máxima | 4´9 km. |
Punto máis alto | 418 m. Gorda Peak |
Demografía | |
Capital | Spanish Town |
Poboación | 3.930 hab. (2010) |
Densidade | 179 hab./km² |
Virxe Gorda (anglificada parcialmente como Virgin Gorda) é a terceira illa máis grande (despois de Tórtola e Anegada) da dependencia das Illas Virxes Británicas, cobre unha área de 21 km² e é a segunda máis habitada, o navegante Cristovo Colón deulle ese nome pola forma particular do seu territorio, sendo a súa principal localidade Spanish Town (Cidade Española) no suroeste da illa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situado a uns 18 graos, 48 minutos ao norte e 64 graos a 30 minutos ao oeste, ten unha superficie de aproximadamente 21´9 km².
A principal área comercial e residencial está en Spanish Town na parte suroeste da illa.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Virgin_Gorda_-_beach_at_The_Baths.jpg/220px-Virgin_Gorda_-_beach_at_The_Baths.jpg)
Unha infrecuente formación xeolóxica coñecida como "The Baths" ("Os Baños") localizada no extremo sur da illa, fai de Virgin Gorda un dos destinos turísticos preferidos das IVB, a pesar da evidencia da orixe maioritariamente volcánica da illa, enormes cantos de pedra de granito xacen en montons na praia, formando escenas de gruta abertas ao mar. O granito é unha rocha ígnea intrusiva, polo tanto non volcánica. Non obstante, formáronse a partir de magma. O granito aparece na superficie só despois de que as épocas xeolóxicas de erosión eliminasen a súa cuberta. Unha gran erosión rompeu o granito en grandes pedras e redondeou as súas superficies. No norte dos baños atópase o porto deportivo de Virgin Gorda, antigamente propiedade de Little Dix Bay. A ruína máis importante de Virgin Gorda é a antiga Mina de cobre.
Un dos grandes portos do mundo, North Sound (seo norte), e historicamente Gorda Sound (seo de gorda), atópase no extremo nordés da illa. Está rodeado por catro illas e conectan sistemas de arrecifes que manteñen o mar dentro do seo en calma, creando unha das grandes mecas do deporte acuático do mundo, con máis de 1200 ha. de augas protexidas. No extremo oriental do seo atópase o porto principal, a sotavento de Biras Hill (elevación 133 m.). A aldea, resort e porto deportivo neste punto (Jon'O'Point) chámase Bitter End Yacht Club e percorre aproximadamente máis dun quilómetro e medio de costa.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Awsome_sun_set_in_the_virgin_islands.jpg/220px-Awsome_sun_set_in_the_virgin_islands.jpg)
Conta para o transporte aéreo cun Aeroporto, Virgin Gorda Airport.
Historia[editar | editar a fonte]
Cristovo Colón chamou a illa "a Virxe gorda", porque o perfil da illa no horizonte semella unha muller gorda deitada de lado.
Con fama histórica, a ancoraxe de Bitter End foi o lugar onde os corsarios Francis Drake e John Hawkins, que foron a base da supremacia naval británica, reuniron as súas frotas en 1595. Vinte e seis barcos ancoraron no seo e empregaron o grande outeiro de Bitter End para facer prácticas para o seu ataque a San Xoán, para arrebatar Porto Rico a España. Coa morte de ambos corsarios na viaxe de 1595 e 1596, Bitter End puido ser o último lugar que estes lendarios piratas pisaron terra británica.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virgin Gorda ![]() |