Voivodato de Witebsk
Aparencia
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Banner_of_Vitebsk_Voivodeship_%281609-1618%29-1.svg/220px-Banner_of_Vitebsk_Voivodeship_%281609-1618%29-1.svg.png)
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/RON_wojew%C3%B3dztwo_witebskie_map.svg/200px-RON_wojew%C3%B3dztwo_witebskie_map.svg.png)
O voivodato de Witebsk (en polaco: województwo witebskie; en lituano: Vitebsko vaivadija; en belaruso: Віцебскае ваяводзтва) foi unha división administrativa do Gran Ducado de Lituania dende 1503 até 1793. A súa capital era a cidade de Witebsk (hoxe en Belarús).
O voivodato estaba organizado en dous condados, Witebsk e Orsza. Mantivo esta estrutura até a primeira partición de Lituania en 1772, cando o condado e Witebsk e parte do de Orsza foron anexionados polo Imperio Ruso. Só permaneceu en mans de Lituania unha pequena parte do condado de Orsza, até a segunda partición de Lituania en 1793.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |