En 2011, a Corporación Televés agrupaba a 750 traballadores, cunha cifra de vendas superior aos 192,5 millóns de euros. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital. Televés é a única empresa que fabrica tecnoloxía TDT na CE.
Krzysztof Penderecki, nado o 23 de novembro de 1933 en Dębica (Polonia), é un compositor e director de orquestra polonés. The Guardian nomeouno o mellor compositor vivo de Polonia, e ten sido considerado un dos mellores compositores contemporáneos dende a creación de Strophen en 1959, gañando prestixio na década de 1960 ao incorporar ás súas obras novas técnicas relacionadas principalmente coa textura e a notación, evolucionando posteriormente a unha linguaxe máis neorromántica. Entre as súas obras máis coñecidas destacan Tren ofiarom Hiroszimy, Passio et mors Domini nostri Jesu Christi secundum Lucam, Polskie Requiem, Anaklasis, catro óperas, oito sinfonías e outras pezas orquestrais, varios concertos para instrumentos solistas, obras para coro de textos principalmente relixiosos, así como numerosas obras de cámara e instrumentais. Coa súa estrutura e dramaturxia distintiva, así como a súa mensaxe profundamente humanista, a súa música é apreciada por unha ampla audiencia.