Xosé Antón Parada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Moaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , profesor de ensino secundario |
Premios | |
Xosé Antón Parada Fernández, nado en Moaña, é un profesor de instituto e tradutor galego especializado na lingua acadia.[1] Verteu ao galego o Código de Hammurabi e outros textos legais babilonios.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xosé Antón Parada naceu en Moaña.[1] Estudou Filosofía e Teoloxía no Seminario de Compostela, onde entrou en contacto con idiomas coma o acadio ou o hebreo clásico.[1][3] Como axudante de bibliotecario, interveu na catalogación dos fondos de Ángel Amor Ruibal.[3][4]
No 1991, comezou a traballar nunha edición do Código de Hammurabi, un dos documentos legais máis antigos do mundo, redactado polo rei Hammurabi.[1] O libro publicouse no 2022 pola Rinoceronte Editora.[2] Tamén está a traducir o Poema de Gilgamesh.[1]
É profesor de latín e grego e xefe de departamento no IES Pobra do Caramiñal dende o 1990.[4][5][6]
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio de Tradución Plácido Castro 2022 (ex aequo con Eva Almazán).[7]
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Tradución galega de "ditos proverbiais" asirios (1983). Dorna: expresión poética galega, 6, 14-16.[8]
- Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica (2022). Rinoceronte Editora.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Souto, Suso (2024-02-21). "El ribeirense Xosé Antón Parada traduce del acadio al gallego el primer poema épico de la Historia". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-02-23.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Código de Ḫammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica – Rinoceronte Editora". Consultado o 2024-02-23.
- ↑ 3,0 3,1 "“A miña aprendizaxe da lingua acadia sempre tivo por norte a tradución do Código de Hammurabi”, entrevista a Xosé Antón Parada Fernández". www.fundacionplacidocastro.com. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ 4,0 4,1 "O 'Código de Hammurabi', viaxe do acádico ao galego sen escalas". Praza Pública. 2015-02-03. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ "Xosé Antón Parada Fernández". Linkedin (en castelán). Consultado o 23-02-2024.
- ↑ Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bitraga.webs.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2024-02-23.
- ↑ Diario, Nós (2023-09-08). "Eva Almazán e Xosé Antón Parada gañan o Premio Plácido Castro de Tradución". Nós Diario. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ Parada, Xosé Antón (1983). "Traducción galega de "ditos proverbiais" asirios". Dorna: expresión poética galega (6): 14–16. ISSN 0213-3806.