Alberto Sánchez Vivas
Alberto Sánchez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alberto Sánchez Vivas | ||
Nacemento | 26 de marzo de 2001 | ||
Lugar de nacemento | Plasencia | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 24 | ||
Carreira xuvenil | |||
2016–2017 | Plasencia | ||
2017–2020 | Deportivo da Coruña | ||
2017–2018 | → Laracha | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2017 | Plasencia | 4 | (0) |
2018–2019 | Laracha | 4 | (0) |
2018–2023 | Fabril | 39 | (0) |
2022–2023 | → Unionistas | 5 | (0) |
2023– | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
2017 | España sub-16 | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alberto Sánchez Vivas, nado en Plasencia o 26 de marzo de 2001, é un futbolista español que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun soldador e neto dun directivo do Plasencia, formouse como futbolista na canteira do propio club estremeño.[1] Con só 15 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División, nun partido ante o Extremadura en Almendralexo, e disputou 4 partidos durante a campaña 2016/17.[2] As súas calidades, que o levaron á selección española sub-16,[3] así como a súa precocidade, espertaron o interese de varios equipos europeos. Con todo, despois de se adestrar co Atlético de Madrid e co Salzburgo,[4] elixiu a canteira do Deportivo da Coruña, na que ingresou no verán de 2017.
Durante a súa primeira tempada alternou o equipo xuvenil do Deportivo co xuvenil do Laracha.[5] Na tempada 2018/19 xogou en Terceira co primeiro equipo do Laracha, segundo filial do Deportivo durante aquela campaña, e debutou co Fabril na Segunda División B. Tras rematar a súa etapa xuvenil en 2020, continuou no Fabril, co que disputou un total de 39 partidos nos seguintes anos. Durante a tempada 2021/22 alternou titularidades con Brais Suárez, ao tempo que exercía como terceiro gardameta do primeiro equipo, por detrás de Ian Mackay e Pablo Brea.[2]
En xullo de 2022 anunciouse a súa renovación por tres anos co club coruñés, así como a súa cesión por unha campaña ao Unionistas de Salamanca, onde foi suplente durante a maior parte do ano. O seu debut co equipo produciuse na 18ª xornada da Primeira División RFEF, precisamente ante o equipo propietario dos seus dereitos, o Deportivo da Coruña. A expulsión nese encontro do porteiro titular, Salva, permitiulle defender a portería de Unionistas durante a media hora final, na que encaixou dous goles, obra de Quiles e Lucas.[6] A continuación disputou os seguintes catro partidos do equipo salmantino, rematando a tempada con cinco encontros totais.
Para a tempada 2023/24 pasou a formar parte do primeiro equipo do Deportivo da Coruña, como terceiro porteiro xunto a Mackay e Germán Parreño.[7]
Selección española sub-16[editar | editar a fonte]
Despois de debutar co primeiro equipo do Plasencia na Terceira División con 15 anos, foi convocado por Santi Denia para a selección española sub-16,[3] sendo o único integrante do equipo que non formaba parte dunha canteira de Primeira División.[4] Debutou coa selección nun partido ante Finlandia en Inglaterra, gañando o Trofeo de Desenvolvemento da UEFA.[8]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo da Coruña
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barreiros, Pedro (7 de xuño de 2020). "Alberto Sánchez: tras los pasos de Melo y Mariano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 López, Rodrigo (20 de xullo de 2022). "Alberto Sánchez, renovar y salir a un Primera RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Ramos, Juan Carlos (18 de xaneiro de 2017). "La Rojita sub-16 llama a Alberto Sánchez y Roberto González" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Galicia, Samuel; Mata, Jesús (10 de febreiro de 2017). "El portero de 15 años por el que suspiran Atlético de Madrid y RB Salzburgo". Marca. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Los refuerzos de la factoría Abegondo: Alberto Sánchez" (en castelán). 10 de xuño de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ "El curioso debut de Alberto Sánchez con Unionistas… ante su propio equipo". 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ Cobas, Eugenio (21 de xullo de 2023). "Germán, competencia real para Mackay". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ "Alberto Sánchez debuta en la Selección Sub-16 con victoria y ganando el Torneo de Desarrollo de la UEFA" (en castelán). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).