Jairo Noriega
Jairo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jairo Noriega Figueroa | ||
Nacemento | 14 de agosto de 2003 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Fabril | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2011 | Calasanz (fútbol sala) | ||
2011–2022 | Deportivo da Coruña | ||
2017–2018 | → San Tirso | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021– | Fabril | 68 | (4) |
2023– | Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jairo Noriega Figueroa, nado na Coruña o 14 de agosto de 2003, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Fabril, da Segunda División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no colexio Calasanz da Coruña e comezou a xogar ao fútbol sala no equipo do propio colexio, en idade prebenxamín, ata que con 7 anos pasou ao fútbol herba, cando foi seleccionado polo Deportivo da Coruña para o seu novo equipo benxamín.[1][2][3] Alí coincidiu con xogadores como Dani Barcia, Hugo Ríos ou Brais Suárez, cos que foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club.[1]
Co equipo xuvenil adestrado por Óscar Gilsanz, proclamouse campión da División de Honra na tempada 2020/21, na que tamén debutou co Fabril en Terceira División, e acudiu a Marbella para a disputa da Copa de Campións Xuvenil. Con todo, mentres realizaba exercicios de quecemento antes do partido de semifinais contra o Real Madrid, sufriu unha lesión que o deixou fóra do torneo que acabou conquistando o seu equipo.[1] Ao seu regresou enfermou de COVID-19, afección que o deixou dúas semanas na cama e que lle fixo perder varios quilos. A súa mala sorte estendeuse con dúas novas lesións e outro contaxio de COVID-19 durante os seguintes meses.[1]
Recuperado dos seus problemas, foi titular no histórico partido do seu equipo na Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv celebrado nun estadio de Riazor con máis de 20.000 espectadores, onde realizou unha destacada actuación.[4][1] Xogou dous encontros máis co xuvenil e disputou o resto da tempada co Fabril, co que xogou sen éxito a promoción de ascenso á Segunda División RFEF, caendo ante o Ourense CF.[5] Na tempada 2022/23 foi xunto a Diego Gómez un titular indiscutible no centro do campo do filial dirixido por Gilsanz, que logrou o ascenso a Segunda RFEF tras proclamarse campión do seu grupo.[6]
O 1 de novembro de 2023 debutou oficialmente co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na vitoria por 1-3 sobre o Covadonga na Copa do Rei. O adestrador Imanol Idiakez aliñouno como titular, formando no centro do campo xunto a Diego Villares.[7]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Fabril
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Antelo, Iván (11 de febreiro de 2022). "El renacimiento de Jairo Noriega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Lista la plantilla del Benjamín del Deportivo para la próxima temporada". Deportivo da Coruña (en castelán). 15 de xuño de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Jairo Noriega: «Ojalá pueda seguir representando al Deportivo muchos años más»". La Vanguardia (en castelán). 28 de xuño de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (1 de maio de 2022). "La mayor pegada del Ourense CF elimina al Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Campeonato y ascenso del Fabril en O Barco (0-1)". Deportivo da Coruña (en castelán). 23 de abril de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "El orgullo de Jairo tras debutar con el Deportivo: «Los sueños se cumplen»" (en castelán). 3 de novembro de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).