Antonio Iglesias Vilarelle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1891 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 11 de maio de 1971 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Familia | |
Irmáns | Josefa Iglesias Vilarelle ![]() |
![]() |
Antonio Iglesias Vilarelle, nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971, foi un mestre e músico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Campa%C3%B1a_do_Seminario_de_Estudos_Galegos_para_o_estudo_das_Terras_de_Deza._Foto_tomada_diante_da_casa_de_Ram%C3%B3n_Mar%C3%ADa_Aller%2C_Lal%C3%ADn%2C_xu%C3%B1o_de_1934.jpg/300px-Campa%C3%B1a_do_Seminario_de_Estudos_Galegos_para_o_estudo_das_Terras_de_Deza._Foto_tomada_diante_da_casa_de_Ram%C3%B3n_Mar%C3%ADa_Aller%2C_Lal%C3%ADn%2C_xu%C3%B1o_de_1934.jpg)
Malia nacer en Compostela xa de rapaz pasou a vivir en Pontevedra. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e retornou a Pontevedra, con praza de funcionario na delegación de facenda, onde quedou. As súas inquedanzas intelectuais abranguían moi diversos eidos: a historia da arte, as fontes e testemuños históricos, a liturxia e a haxiografía, a evolución das técnicas musicais e a renovación pedagóxica. Sendo a máis destacada das súas participacións culturais a súa produción no eido da música.
Na súa mocidade compartiu instituto con Francisco Javier Sánchez Cantón, Octavio Pintos e Antonio Blanco Porto e fixo parte dos Ultreias. A través da súa relación con Antón Losada Diéguez axudou a pór os alicerces do Museo Provincial de Pontevedra e tamén do Seminario de Estudos Galegos.
Fundou con Antonio Blanco Porto a Sociedad Filharmónica de Pontevedra, da que foi secretario entre 1923 e 1925, e en 1940 converteuse en director da Coral Polifónica de Pontevedra, cargo que ocupou durante vinte e catro anos. Tamén dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico e a canción popular.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Sepulcro_Antonio_Iglesias_Vilarelle.jpg/220px-Sepulcro_Antonio_Iglesias_Vilarelle.jpg)
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/73/Placa_da_r%C3%BAa_Iglesias_Vilarelle_en_Campolongo%2C_Pontevedra.jpg/220px-Placa_da_r%C3%BAa_Iglesias_Vilarelle_en_Campolongo%2C_Pontevedra.jpg)
Creou con Xesús Ferro Couselo a revista Logos, boletín católico mensual do que foi director. Como mestre estivo a cargo da Sección de Pedagoxía e do Laboratorio de Psicotécnica do Seminario de Estudos Galegos, e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Participou na fundación do Partido Galeguista de Pontevedra en 1931 e integrouse na Dereita Galeguista logo da escisión do Partido Galeguista en maio de 1935.
Ingresou na Real Academia Galega o 29 de decembro de 1951.[1] Foi membro da Real Academia de Bellas Artes[Cómpre referencia] e da Comisión de Monumentos de Pontevedra.
Era irmán da tamén mestra Josefa Iglesias Vilarelle, autora dun Método de lectura en galego, que foi o primeiro do seu xénero, publicado polo Seminario de Estudos Galegos en 1932 e formou parte da xunta directiva da Dereita Galeguista.
Obras[editar | editar a fonte]
- Música en Compostela, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria.
- Deus Fratesque Gallaecia composición musical para a misa.
Homenaxes[editar | editar a fonte]
A cidade de Pontevedra rendeulle homenaxe facéndoo fillo adoptivo no ano 1960 e poñéndolle a unha rúa céntrica o seu nome no ano 1979.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Antonio Iglesias Vilarelle". Real Academia Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Iglesias Vilarelle ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Iglesias Vilarelle, Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Iglesias Vilarelle, Antonio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 245-246.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.