Benito Fernández Alonso
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1848 ![]() Asperelo, España ![]() |
Morte | 8 de maio de 1922 ![]() Ourense, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Escritor, historiador, político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo (Galez, Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922,[1] foi un político e escritor galego. Foi fundador da Real Academia Galega,[2] cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, e deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Antonio Fernández Valdivia e Luisa Alonso, en 1862 ingresou no seminario conciliar de Ourense, onde estudou un ano de humanidades, tres de filosofía e dous de grego, até 1867. Antes estudara catro anos de latín e gramática latina cun veciño de Lobios. Deixou a carreira sacerdotal ("Prefiero ser un mal paisano que un mal cura"), dixo para exercer de profesor en San Paio de Arauxo (Lobios), onde só exerceu un ano, e posteriormente abriu unha tenda de panos na praza maior de Ourense. Alí coñeceu os intelectuais da época con quen se relacionou e colaborou até o punto de formar parte do grupo de Marcelo Macías de redactores do Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Comisi%C3%B3n-del-homenaje-1917.jpg/300px-Comisi%C3%B3n-del-homenaje-1917.jpg)
Asperelo en donde como ráfaga de viento vi deslizar mis años infantilesEl río Limia y sus contornos, 1879.
Erudito para o seu tempo, investigador, historiador, político, escritor, comerciante, articulista e cronista da cidade de Ourense, tamén foi:[3]
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Xestor en Ourense do Folklore Gallego.
- Cronista da provincia de Ourense desde 1890.[4]
- Concelleiro no concello de Ourense.
- Vocal da Xunta de Goberno da Escuela de Artes y Oficios e membro correspondente da Real Academia da Historia.
- Vocal da Comisión de Monumentos Históricos y Artísiticos Provincial de Orense.
- Socio de mérito de la Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
- Bibliotecario del Círculo Católico de Obreros de Orense.
- Socio de mérito del Círculo de las Artes de Lugo.
- Deputado Provincial de Ourense polo distrito de Barco-Viana.
- Redactor do Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense.
- Conservador do Museo Arqueolóxico Provincial.
- Membro honorario correspondente na Exposición Rexional de 1909 en Santiago de Compostela.
- Membro da Real Academia de Belas Artes e Ciencias Históricas de Toledo.
- Membro da Real Academia das Boas Letras de Barcelona.
- Presidente da Asociación da Prensa Ourensana.
- Secretario da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
- Bibliotecario do Liceo Ourensano.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Praza_Benito_Fern%C3%A1ndez_Alonso.jpg/220px-Praza_Benito_Fern%C3%A1ndez_Alonso.jpg)
No ano 2016 a Deputación de Ourense mercou a súa biblioteca con máis de mil títulos á súa propietaria, Elisa Tejada, por 65.000 €. A biblioteca inclúe 17 manuscritos do autor con exemplares únicos de O Tío Marcos d'a Portela e o Álbum Literario, ademais de 46 cabeceiras de diarios da provincia de Ourense.[5]
Entre os seus biógrafos destaca Carmen Barbosa Lorenzo (Ourense 1965) que publicou a súa biografía máis extensa en 1995.[3]
O Concello de Entrimo adicoulle unha praza na aldea da Feira Vella, próxima ao lugar de nacemento do autor.
Obras[editar | editar a fonte]
Como escritor a súa produción bibliográfica é reducida xa que colaborou máis como articulista. A obra publicada está en castelán e aínda está por recompilarse a súa obra en galego.
- El río Limia y sus contornos[6]. Imprenta de la propaganda gallega, Ourense, 1879, 96 páxinas.
- Armas de Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1891, 72 páxinas.
- Guerra Hispano-Lusitana, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1893, 145 páxinas
- El pontificado gallego. Crónica de los obispos de Orense. Imprenta El Derecho, Ourense, 1897, 649 páxinas.
- Los judíos en Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1904, 46 páxinas.
- Orensanos ilustres, Deputación Provincial de Ourense, 1916, 215 páxinas
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fernández Alonso, Bieito". Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo, 2011, t. 2, p. 50. ISBN 978-84-7680-685-2.
- ↑ "Académicos numerarios". RAG.
- ↑ 3,0 3,1 Barbosa Lorenzo 1995.
- ↑ "Benito Fernández Alonso e a biblioteca da Deputación (Afonso Vázquez-Monxardín en LA REGION)". elcercano.com. 8 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2021. Consultado o 07 de agosto de 2021.
- ↑ "La Diputación compra la biblioteca de Benito Fernández Alonso con mil títulos". Faro de Vigo (en castelán). 7/6/2016.
- ↑ "El libro de un enamorado de la Limia". 24/07/2022. Consultado o 24/07/2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Fernández Alonso ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Fernández Alonso, Bieito". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 61. ISBN 84-7680-429-6.
- "Fernández Alonso, Bieito". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 78. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 110, 138, 343, 344, 350, 447, 466, 788, 791, 793, 801, 802, 804, 806 e 807. ISBN 84-7154-227-7.
- Barbosa Lorenzo, Carmen (1995). Benito Fernández Alonso, su vida y su obra (1848-1922 ). Concello de Entrimo. ISBN 84-605-4035-9. OCLC 626371352.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. pp. 36–37.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 565. ISBN 84-7492-465-0.
- Juana López, Jesús de. "Benito Fernández Alonso". Diccionario biográfico español (en castelán). Real Academia de la Historia.
- Vilanova Rodríguez, Alberto et al.. "Fernández Alonso, Benito". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. 2003. pp. 97–98. ISBN 84-453-3736-X.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Galegos.info
- Artigos de Benito Fernández Alonso Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine. na hemeroteca da RAG (en castelán).
- Cid, X. (11/5/2019). "Benito Fernández fue muy importante, pero su figura es desconocida". La Región (en castelán).
Predecesor: - |
Cronista da provincia de Ourense 1890 - 1922 |
Sucesor: - |
Predecesor: Eugenio Marquina Álvarez |
Cronista da cidade de Ourense 1915 - 1922 |
Sucesor: Emilio Vázquez Pardo |